El Correo Gallego

Tecnoloxía

Nikon anuncia unha cámara fotográfica con zoom de 125x

A nova cámara bridge de Nikon integra un obxectivo de 24-3.000 milímetros capaz de captar elementos moi afastados.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 11.07.2018 
A- A+

Nikon sorprende cunha cámara de formato bridge que equipa un obxectivo de 24-3.000 milímetros, ou sexa, o que vulgarmente se coñecería como un zoom óptico de 125 aumentos, de xeito que sería a cámara deste tipo co meirande zoom do mercado (podendo conseguir incluso un zoom de 250x de xeito dixital), de xeito que incluso podería empregarse para fotografar avións, paxaros e outros elementos que normalmente están fóra do alcance da vista.
Nikon COOLPIX P1000 ten un sensor de 16 Mpíxeles e unha apertura de f/2.8, grava vídeo 4K a 30 cadros por segundo ou Full HD a 60 imaxes por segundo, inclúe saída HDMI, a súa pantalla LCD de 3,2 polgadas pode abaterse para facilitar o disparo en posicións nos que o visor electrónico OLED integrado sería complicado de utilizar e tamén inclúe conectividade Bluetooth 4.1 e Wi-Fi, de xeito que mediante SnapBridge poden sincronizarse as fotografías que disparemos cun dispositivo móbil para así poder compartir rapidamente as imaxes (podendo empregarse a aplicación móbil tamén para manexar o zoom ou soltar o obturador).
Esta nova cámara sairá á venda en setembro a un prezo de 999 dólares (polo que é de esperar que en España supere lixeiramente os mil euros de prezo).