El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

O Meizu M5 Note chega fuxindo da mala sorte

Como sucesor do M3 Note o fabricante chinés Meizu presenta o M5 Note, evitando o número 4 (que en mandarín lese dun xeito semellante á palabra morte).

MARCUS FERNÁNDEZ  | 09.12.2016 
A- A+

O fabricante chinés Meizu vén de actualizar o seu M3 Note basicamente reducindo o seu grosor en 0,1 milímetros e incrementando a RAM e a capacidade de almacenamento, de xeito que o novo Meizu M5 Note sería case igual que o móbil presentado en abril, aínda que sendo máis competitivo. Como curiosidade podemos comentar que o fabricante parece ser supersticioso ao omitir o modelo M4 Note (por considerarse que o número 4 trae mala sorte).
Este novo smartphone véndese a 899 iuans (121,25 euros) con 3 GB de RAM e 16 GB de almacenamento, 999 iuans (134,75 euros) con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento e 1.499 iuans (202,18 euros) con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento. Está dispoñible con carcasas de metal en cor gris, prata, dourado e azul, funciona cun procesador Helio P10, pantalla Full HD de 5,5 polgadas con cristal curvo 2.5D, cámara traseira de 13 Mpíxeles con apertura f/2.2 e enfoque en 0,2 segundos, cámara frontal de 5 Mpíxeles con apertura f/2.0 e efecto beleza, lector de pegadas dixitais traseiro (capaz de ler unha pegada en só 0,2 segundos), Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, un grosor de 8,1 milímetros, 175 gramos de peso e batería de 4.000 mAh con carga rápida (18W).