El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

Linksys Velop promete unha rede Wi-Fi doméstica de calidade

Combinando distintas tecnoloxías sen fíos Velop contrúe unha malla Wi-Fi que consegue conexións á Rede estables en todo o fogar.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 04.01.2017 
A- A+

Cada vez son máis as solucións que prometen arranxar o problema da cobertura de Wi-Fi no fogar mediante a instalación de distintos trebellos repartidos pola vivenda construíndo unha rede sen fíos e forma de malla, pero a meirande parte destes produtos son practicamente imposibles de mercar en España, o que posiblemente vai mudar agora grazas a que é unha grande compañía como Linksys (filial de Cisco Systems) a que presenta Velop, unha solución que con tres 1 e 3 dispositivos permite dar cobertura a fogares de entre 93 e 557 metros cadrados e que véndense en lotes de 1, 2 e 3 unidades a 199,9, 349,99 e 499,99 dólares respectivamente.
Non estamos ante un produto especialmente económico, pero promete adaptarse a numerosas configuraicóns de vivendas, conseguindo que tanto se poida acceder á Rede dende calquera curruncho cunha calidade que permita dende xogar en liña até ver vídeo en 4K a través de streaming.
Para conseguir unha conexión sen degradación Velop emprega tecnoloxía tribanda (2,4 GHz + 5 GHz + 5 GHz) que se adapta de xeito dinámico para garantir unha conectividade óptima mantendo un único identificador Wi-Fi (SSID) en toda a vivenda e incluso contando con funcións avanzadas a través dunha aplicación móbil que permite engadir a usuarios convidados e dar prioridade aos dispositivos máis sensibles á velocidades (como o televisor ou a consola de videoxogos). Incluso permite establecer medidas de control paterno para restrinxir o acceso a certas páxinas web ou establecer barreiras e horarios nos que se limite o uso da Wi-Fi.
Cada un dos trebellos Linksys Velop contan cun procesador de catro núcleos a 716 MHz, 512 MB de RAM, 4 GB de memoria flash, 6 antenas internas amplificadas, 2 portos Gigabit Ethernet, Bluetooth 4.0 (para facilitar a súa configuración dende o móbil) e tecnoloxía Wi-Fi tribanda AC2200 con MIU-MIMO e 256 QAM que suman largos de banda de até preto de 2,2 Gbps.