El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

Instagram permite gardar os vídeos emitidos en directo

MARCUS FERNÁNDEZ  | 20.03.2017 
A- A+

O pasado novembro Instagram incorporou a posibilidade de realizar retransmisións de vídeo en directo dende dentro da aplicación, como un xeito de enriquecer as súas Historias, e converténdose nun forte competidor para Periscope, plataforma coa que comparte elementos esenciais como poder recibir comentarios e gústames durante as retransmisións, pero estes directos tiñan como grande eiva o seren efémeros, non só para os espectadores, senón tamén para o seu propio creador, o que vén de mudar, de xeito que a partires de agora, tras a finalización dunha retransmisión, aparecerá unha pantalla que presentará na súa esquina superior dereita un botón que permítenos gardar o vídeo(sen as interaccións durante a súa retransmisión) de xeito que o usuario poderá  conservar o vídeo no carrete da cámara do móbil.
Esta nova funcionalidade resulta moi práctica para poder rememorar os mellores momentos dos nosos directos, ou incluso poder aproveitar os vídeos para poder publicalos noutras plataformas e será o primeiro dos moitos cambios nos directos que prepara Instagram para o presente ano.