El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

GoPro amosa os seus novos produtos

As novas cámaras deportivas de GoPro son somerxibles e incorporan control por voz. // GoPro presenta o seu esperado dron Karma.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 20.09.2016 
A- A+

GoPro desvelou hoxe os seus novos produtos, de xeito que a súa nova familia de cámaras de acción, a HERO5, xa é oficial, chegando desta vez acompañadas por un produto moi agardado: o dron Karma. Este último produto sairá á venda o 23 de outubro a un prezo de 869,99 euros, é compatible coas cámaras HERO4 e HERO5, resulta moi doado de controlar e busca destacar polo seu deseño ultra compacto que permítelle o seu transporte de xeito doado nunha especie de maletín que pode levarse a xeito de mochila. Véndese cun sistema de control remoto con pantalla táctil e o prezo mencionado sería sen con estabilizador de imaxe pero sen cámara (existindo tamén lotes con cámara incluída).

No que respecta ás cámaras, a HERO5 Black parece querer converterse no referente das cámaras deportivas actuais, e chegará o 2 de outubro ao mercado a un prezo de 429,99 euros, integrando unha pantalla táctil de 2 polgadas e controis simplificados, grava vídeo 4K a 30 imaxes por segundo, pode disparar fotografía de 12 Mpíxeles, é somerxible (até a 10 metros de profundidade) sen carcasa adicional, conta con estabilización de vídeo, pode subir de xeito automático as fotografías e os vídeos á nube cando a cámara está cargándose e incluso soporte control por voz en 7 idiomas.

A HERO5 Session sairá á venda tamén o 2 de outubro por 329,99 euros, podendo considerarse simplemente como unha versión máis pequena da anterior, para o que prescinde da súa pantalla. Aínda que os vídeos que grava tamén chegan ás 30 imaxes por segundo en 4K, en fotografías limítase a 10 Mbps e busca converterse na opción ideal para os que queren levar unha cámara enriba mentres realizan actividades de risco.