El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

FreedomPop sorprende vendendo un smartphone por só 59 euros

O operador que achega telefonía móbil de balde emprega como reclamo un smartphone con dobre SIM a un prezo moi axustado.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 08.03.2017 
A- A+

A chegada do operador FreedomPop a España foi toda unha revolución, por permitir a contratación de liñas de telefonía móbil case de balde, xa que esta compañía permite gozar de balde cada mes de 100 minutos en chamadas, 300 mensaxes de texto e 200 MB de datos dos que non se cobrarían os datos consumidos por WhatsApp, o que para moitos usuarios equivale a ter o servizo completamente de balde, coa vantaxe adicional de que o servizo funciona e máis de 25 países, polo que falamos dunha liña que resulta mo práctica para usuarios viaxeiros.
Partindo desta base chama agora poderosamente a atención que a compañía se lance a comercializar un smartphone de marca propia, o FreedomPop V7, un terminal moi básico cun procesador Qualcomm Snapdragon 210 de catro núcleos a 1,1 GHz, 1 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 32 GB), pantalla IPS de 5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, cámaras de 13 e 5 Mpíxeles, dobre SIM, batería de 2.100 mAh, sistema operativo Android 6.0, un grosor de 8,2 milímetros e un peso de 146 gramos, que ten un prezo de lanzamento de só 59 euros, con gastos de envío de balde, converténdose nunha opción moi atractiva para os usuarios que aínda non teñan un smartphone ou para os que precisen dun segundo terminal para poder tirar proveito do servizo de FreedomPop (sendo posible manter a súa liña tradicional grazas á posibilidade de empregar dúas tarxetas SIM simultaneamente).