El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

Fixan a data de lanzamento de Red Dead Redemption 2

O xogo de Rockstar Games adía o seu lanzamento de primavera ao outono.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 02.02.2018 
A- A+

As grandes superproducións de Rockstar Games teñen como norma non saír até conseguir superar os seus elevados niveis de calidade, polo que algúns títulos tenden a facerse de rogar, como Red Dead Redemption 2, que tras anunciarse o adiamento do seu lanzamento dende o outono de 2017 a primavera de 2018 vén de fixar unha data de lanzamento máis tardía, e finalmente non verá a luz até o 26 de outubro, o que podería ser unha nova bastante mala para moitos grandes xogos que sairán coa vista posta na campaña de Nadal, xa que terán que facer fronte a un dos xogos máis importantes da actual xeración de consolas.
Red Dead Redemption 2 é un xogo dos creadores de grandes títulos como Grand Theft Auto V (que pese a terse lanzado en 2013 conseguiu ser o xogo máis lucrativo de 2017 xerando uns 521 millóns de dólares) e o anterior Red Dead Redemption, que desta volta narran unha historia épica sobre o oeste americano, que desta volta contará cunha experiencia multixogador totalmente nova, que promete seguir a senda do éxito marcada por GTA Online.