El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

Os dominios .gal celebran o mes de Rosalía cunha rebaixa histórica

Durante o mes de febreiro pódense rexistrar novos dominios .gal por menos de 5 euros + IVE

MARCUS FERNÁNDEZ  | 01.02.2017 
A- A+

O dominio .gal está a vivir un bo momento, coa superación dos 3.500 dominio rexistrados baixo o sufixo para a lingua e a sociedade galegas, e coa activación de páxinas web como a da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo ou o novo blogue do escritor Xavier Alcalá; confiando en que nas vindeiras semanas o volume de dominios rexistrados baixo o .gal reciba un importante pulo xa que a Asociación PuntoGal decidiu aproveitar que este mes celébrase o 180º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro para ofertar os dominios .gal a un prezo máximo de 5 euros a través do rexistradores que se adheriron a esta promoción.
A campaña de promoción dos dominios .gal a un prezo sen precedentes chega grazas á colaboración da Asociación PuntoGal coa Fundación Rosalía e, de feito, presentarase en sociedade o vindeiro venres no Auditorio da Casa de Rosalía en Padrón, nun acto ao que acudirán Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e Manuel González, presidente da Asociación PuntoGal.