El Correo Gallego

Tecnoloxía

ARCHOS venderá un patinete eléctrico con Android 8.0

O ARCHOS Citee Power Connect chegará ao mercado no verán a un prezo de 499,99 euros.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 21.02.2018 
A- A+

O fabricante francés ARCHOS vai amosar estes días no Mobile World Congress de Barcelona as súas novas solucións de mobilidade urbana persoal que consisten en varios patinetes eléctricos, como o ARCHOS Citee e o ARCHOS Citee Power, que venderanse a partires de abril por 399,99 euros, e que recibirán no verán ao que sería o primeiro patinete eléctrico con Google Android do mercado, o ARCHOS Citee Connect, que terá un prezo de 499,99 euros.
Os patinetes eléctricos son uns produtos que se puxeron de moda nos últimos meses, e aínda que non parecen produtos orientados á conectividade móbil, ARCHOS quixo integrar Android 8.0 nun destes produtos para ofrecer un panel táctil multimedia de 5 polgadas (resistente a golpes e inclemencias meteorolóxicas), equipado cun procesador de catro núcleos, 1 GB de RAM e 8 GB de almacenamento que contaría con conectividade 3G e facilitaría información como a distancia percorrida, o nivel de batería restante e o acceso a aplicacións e servizos durante as viaxes.
O ARCHOS Citee Connect integra un motor de 350 watts e unha batería de 6.000 mAh cunha autonomía de entre 18 e 22 quilómetros, que pode incrementar a súa capacidade até un 15% grazas a un sistema de recuperación que recarga a batería ao frear. A súa velocidade está limitada a 25 quilómetros por hora, e pode soportar unha carga de até 100 quilogramos, pesando o patinete en si 13 quilogramos. As súas dimensións son de 1.000 x 405 x 920 milímetros, aínda que esta última dimensión pode reducirse até os 235 milímetros encartando o patinete para o seu almacenamento.