El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Santiago adiántase un día á celebración das Letras Galegas

Foron varias as institucións que celebraron este mércores distintos actos para conmemorar o Día das Letras Galegas.

ELENA PITA- CORREO TV  | 16.05.2018 
A- A+

Varias institucións educativas da cidade quixeron adiantar a celebración do Día das Letras Galegas a este mércores. No IES Rosalía de Castro tivo lugar un maratón de lectura no que se leron fragmentos da obra de María Victoria Moreno, autora homenaxeada neste 2018. A Universidade de Santiago celebrou tamén un acto literario no Salón Nobre do Pazo de Fonseca. Mentres, no Colexio Monte dos Postes tivo lugar unha dobre celebración: a Festa das Letras Galegas e os Maios, co artista Emilio Cao como convidado. As actividades literarias continuarán o xoves en distintos puntos da cidade, como a Casa do Cabido, onde haberá libros de agasallo para os visitantes.