El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Juan Conde: “Posuímos o fondo editorial de maior relevancia sobre a historia de Compostela”

{ Vodas de prata } É o comisario, xunto a Idoia Camiruaga, da exposición conmemorativa do vixésimo quinto aniversario do Consorcio

MANOLO FRAGA  | 13.08.2017 
A- A+

O Consorcio de Santiago exhibe a súa frutífera traxectoria de vintecinco anos nunha exposición bicéfala na Casa do Cabido e no Pazo de Fonseca. Comisariada por Juan Conde e Idoia Camiruaga, responsable de Publicacións e Exposicións e arquitecta da Oficina Técnica da entidade respectivamente, a mostra prolongarase ata o 30 de setembro, coa posibilidade de que se amplíe o prazo. Mentres na ubicación universitaria se presentan os principais programas e actuacións en materia de rehabilitación arquitectónica, na sede do Cabido faise balance de preto de medio milleiro de publicacións e exposicións, ademais de dedicar un espazo propio á Real Filharmonía de Galicia.
Estamos ante unha exposición miscelánea.
Miscelánea e representativa, porque recolle os inicios institucionais e a conseguinte aprobación dos estatutos do Consorcio de Santiago. Foron anos de verdadeira complexidade político-administrativa.
Naceron meses antes do lexendario ano xubilar de 1993.
Empezamos no Auditorio de Galicia, ata que en decembro do 92 viñemos para a nosa sede do pazo de Vaamonde. Daquela os únicos medios de comunicación eran o teléfono fixo e o fax, nunha época de moita faena, sen horarios, pero traballando con grandes profesionais e sabendo que a cidade ía dar unha volta completa.
Que publicacións podemos ver no Cabido?
Voces de Compostela, Cadernos do Camiño de Santiago, artigos en revistas nacionais… Cada quince días viñan xornalistas e axencias de viaxes de Europa e Sudamérica que levábamos á “pulpería”, como se lle chamaba á casa de madeira que había detrás do Concello, onde se despregaban os proxectos nos que se estaba a traballar.

Entrevista completa en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt