El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Gran éxito do concerto de música española da RFG

Maximino Zumalave dirixiu á Real Filharmonía no seu último concerto - FOTO: RFG
Maximino Zumalave dirixiu á Real Filharmonía no seu último concerto - FOTO: RFG

SANTIAGO  | 13.10.2017 
A- A+

A Real Filharmonía de Galicia ofreceu o mércores no Auditorio de Galicia un concerto dedicado á música española, con obras de Jesús Guridi (Diez melodías vascas), Andrés Gaos (Granada. Un atardecer en la Alhambra) e Manuel de Falla (El sombrero de tres picos). A batuta levouna o mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da agrupación e o recital tivo moi boa acollida. O mestre e pianista compostelán Formouse musicalmente en Santiago, Madrid, Viena e Stuttgart. É fundador e director do Coro Universitario de Santiago e do Collegium Compostellanum; i é director asociado da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Ten dirixido a importantes orquestras nacionais e internacionais en toda Europa.