El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Iago Seara, arquitecto

“Para facer algo tan arriscado como o CGAC, Siza foi o máis adecuado”

Como conta a web santiagoturismo.com, “o edificio foi emprazado na horta do convento de San Domingos de Bonaval. A inmediatez do impresionante mole do convento e a súa igrexa condicionou fortemente o deseño do novo museo, resolto por Álvaro Siza. Nesta entrevista, o ourensán Iago Seara fala desta construción que cumpre 25 anos

Iago Seara - FOTO: Fernando Blanco
Iago Seara - FOTO: Fernando Blanco

CARLOS ROMA/VICTORIA ROJAS. SANTIAGO   | 14.06.2018 
A- A+

Iago, por que era necesario facer o CGAC en Compostela?

Home, como Centro Galego de Arte Contemporánea, foi desde un principio da autonomía un obxectivo. Daquela estaba como presidente do Goberno autonómico Fernández Albor. José Luís Barreiro era vicepresidente e tiveron os dous un acerto de reconducir a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, de tal maneira que nomearon a Luís Álvarez Pousa.

Foi un achegamento de ideas culturais apadriñadas por un home de realidade galega como era o doutor Albor e coa construción de José Luís Barreiro, que si tiña unha idea naquel momento integral do que debería ser a Administración que se estaba formando en Galicia, poñendo en marcha unitaria, cuns plantexamentos en que parecía que na figura de Álvarez Pousa podería articularse todo ese proxecto cultural substituíndo a Filgueira Valverde, o primeiro conselleiro de Cultura.

Entón, nesta situación plantexouse a realidade das artes plásticas dentro dese proxecto cultural.

Que simbolizaba entón o CGAC? Era unha ferramenta para poñer en contacto a creatividade da Galicia vixente, práctica, en contraste coa arte contemporánea que se estaba retomando noutras ­autonomías, como en Canarias ou Valencia.

Naquel momento había un tema moi interesante, que a nós nos interesaba moito, que era a realidade deste novo plantexamento territorial, recoñecendo as ­culturas de interés cultural. Aí o lema tradición e modernidade era moi importante.

Esa imaxe, esa poesía viva entre a relación da modernidade do CGAC co Museo do Pobo Galego tiña por casualidade un espazo urbano degradado por unha rúa que rompera a muralla hacia o oeste do recinto de Bonaval (un xardín, unha horta...) e quedou aquilo como desencaixado, como se tivese un impacto urbanístico que estaba alí presente e que posibilitaría un proxecto de arquitectura para rehabilitar espacial e urbanisticamente esa zona.

Cada ano había unha reunión dunha comisión entre a Administración central e as Administracións autonómicas para crear un fondo de transferencias autonómicas para chegar onde non chegaron os presupostos anteriores. E nunha desas reunións con Madrid dixeron que Galicia non tiña a estrutura dun museo de arte contemporáneo ou dun centro de administración galega. Pero preguntaron se había sitio. Dixemos que si. Os primeiros anos da autonomía foron heroicos e a min tocoume estar aí de xefe dos servizos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Hoxe en día temos moitos máis referentes, en Galicia temos o Marco, a Fundación Luís Seoane. Naquel momento non había nada similar. Viñamos dos museos clásicos, algo absolutamente que non se entendía, incluso.

Eu recordo unha anécdota con Álvaro Siza, quen se preguntaba onde estaba a colección para facer o proxecto. Enseguida entendeu este asunto de compromiso coa modernidade e a interrelación coas artes plásticas.

Falas tamén de que o propio edificio é unha obra de arte.

Si. Aínda que despois os especialistas da comunicación das artes plásticas entendían que iso lles quitaba protagonismo ás coleccións e ás obras dos artistas que se expoñían alí. Pero en principio ese debate resolveuse en seguida cun encontro auspiciado polo Consello da Cultura Galega para crear unha reflexión entre especialistas coordinados coa Dirección Xeral de Cultura e a de Patrimonio e o Consello da Cultura Galega. Buscábase unha especie de equilibrio entre o mantemento e conservación do edificio e dos funcionarios que estiveran alí e os costes das exposicións. Galicia razoou moi claramente.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt