El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

"O Belvis Song vai ser unha festa da xente e para a xente"

O músico Vituco Neira é un dos organizadores do festival // Celebrarase o próximo domingo

Un cartel cheo de referencias musicais moi variadas
Un cartel cheo de referencias musicais moi variadas

ISIDORO PEÑA  | 12.07.2018 
A- A+

Falamos hoxe cun dos organizadores deste novo festival, o recoñecido músico Vituco Neira.

Semella que o próximo domingo día 15 vai haber unha festa rachada en Belvís. E, para colmo, os invitados van ser unha auténtica excepción: Ruxe Ruxe, por exemplo, que son un dos grupos punteiros desde hai moitísimos anos en Galiza. E Sex Museum, unha cumbre estilística peninsular. E Os D' Abaixo, un xeito de ver a vida doutro xeito. E os marabillosos Biribirlocke, que son algo así como si a filosofía toleara dunha vez por todas E... Cóntame cómo conseguíchedes toda esta catera de leóns neste circo particular noso.

Pois son cousas que parten dun soño e da idea de que se poden e deben armar cousas bonitas desde as iniciativas privadas. Neste caso xente da hostalaría de Compostela, da que como ben é sabido somos bos clientes, arman un festival ben bonito, con caracter de romaría de domingo e nós, obviamente, queremos ser parte activa do entramado cultural da cidade desde a base. Non podiamos negarnos a tal marabilla, e despois, tirando de fíos e amizades aí nos xuntamos unha boa morea de xente amiga e armando un cartaz de moitísima calidade con esa recua de bandazas de primeira.

A Área Sound System. Caña louquísima para xente nova (e non tanto: a mín váime a marcha). Por que exactamente?

Para que a actividade non pare en todo o día e para que o evento sexa atractivo para todas e todos moito máis aló da túa condición, idade ou gosto. O Belvis Song vai ser unha festa da xente e para a xente. Para disfrute, para compartir e relacionarnos con enerxía positiva, música, amizade e natureza no medio da nosa fermosa cidade.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt