El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

As festas da Ascensión protagonizan o cupón da ONCE do 25 de maio

Tal e como destacou Manuel Martínez, "distribuirase un total de 5 millóns e medio de cupóns e estarán en todos os recunchos a través de 20.000 vendedores que temos en toda España"

Imaxe do cupón do 25 de maio - FOTO: CDS
Imaxe do cupón do 25 de maio - FOTO: CDS

CDS  | 19.05.2017 
A- A+

O salón amarelo do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a presentación do cupón que a ONCE venderá o vindeiro xoves 25 de maio en todo o territorio do Estado. Na presentación estiveron o alcalde, Martiño Noriega; o delegado territorial da entidade, Manuel Martínez Pan, e o director da Axencia ONCE de Santiago, José Antonio Riveiro Canosa.

O cupón leva a imaxe dun cabezudo diante da Berenguela da Catedral pertencente ás festas do ano pasado. Tal e como destacou Manuel Martínez, "distribuirase un total de 5 millóns e medio de cupóns e estarán en todos os recunchos a través de 20.000 vendedores que temos en toda España".

O delegado territorial tamén destacou que é a "mellor tarxeta de presentación" das festas da Ascensión e lembrou que este tipo de imaxes son "a seña de identidade que caracteriza a ONCE e o mellor tributo para calquera acontecemento festivo, artístico ou cultural".

Pola súa banda, o alcalde de Santiago salientou a súa satisfacción por poder colaborar con esta iniciativa e facelo ademais cunha entidade que realiza un gran labor social. Martiño Noriega engadiu que serve para "reforzar o capital simbólico da cidade e a difusión das festas máis picheleiras".