El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » La Quinta

A QUINTA

REDACCIÓN

É necesario actualizar a lei?

17.05.2018 
A- A+

CATALUÑA Non resulta a priori unha mala proposta a realizada onte polo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, no sentido de modificar e actualizar leis como a que contempla o delito de rebelión, tan de boga ultimamente tras a deliberada desobedicencia do Govern no referéndum do 1-0 e no proceso de independencia. Atina aínda máis o líder socialista cando tamén reclama que calquera modificación lexislativa que se realice sexa acorde coas leis europeas e as lexislacións doutros países da nosa contorna, quen en ocasións, como a que se deu pola fuxida de Carles Puigdemont e algúns dos seus consellers, ven difícil atender as reclamacións da xustiza española ao non atopar parangón deses delitos nos seus códigos penais. Cada vez parece máis afastada a extradición por rebelión ou sedición do expresident catalán fuxido agora en Berlín, e as dos seus conselleiros en Escocia e Bélxica, país este último que onte denegou a entrega a España de varios deles. Pero o que é necesario, haxa reforma ou non, é a unión do denominado bloque constitucionalista para facer fronte ao reto continuado dos soberanistas.