El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » La Quinta

A QUINTA

REDACCIÓN

Máis amparo dos fondos de cohesión

17.05.2018 
A- A+

DEBATE Hai preocupación en España e en Galicia polos orzamentos comunitarios para o período 2021-2027. A inquedanza, que tamén se sente en Francia, Portugal, Italia, Polonia ou Grecia, entre outros países, está ligada a un hipotético recorte dos fondos de cohesión e de agricultura. Con este temor acudiu onte a capital comunitaria o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O mandatario galego reuniuse con Corina Cretu, comisaria europea de Política Rexional e, tralo encontro, respirou máis tranquilo. Según trasladou Cretu a Feijóo, Galicia está en condicións de manter a cuantía dos fondos de cohesión que tiña no período anterior. Feijóo confía en que a comunidade galega siga como rexión en transición, pero sea como fora a denominación, a cifra global de recursos manterase. Feijóo, en línea co exposto polos ministros da maioría dos países da UE que se reuniron os pasados días en Bruxelas. presiona nesa dirección. Os apuntes do arranque negociador e das conversas son unha boa noticia, para Galicia e tamén para combatir con un plus certeiro o desencanto co proxecto europeo. Os dous factores, ben necesarios.