El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

invitado especial

CIBRÁN CANEDO

Lixo a pé da futura Vía Verde

17.04.2018 
A- A+

O PP de Oroso atopa un punto de vertido con cascallos O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Oroso, Alexander Doval, mostrouse "moi preocupado polo estercoleiro no que se está a converter a zona da antiga vía do tren", na que nos últimos meses acumuláronse restos de chatarra, plásticos, cascallos e todo tipo de materiais de obra. Desde o PP lembran que o goberno local adquiriu o uso desta zona mediante o aluguer, co obxectivo de avanzar conxuntamente na posta en marcha do proxecto de Vía Verde co resto de municipios da comarca, algo que, segundo Doval, parece "de xeito evidente, esquecido. Neste senso, o portavoz dos populares en Oroso mostrou o seu total apoio ao proxecto de Vía Verde, e instou ao executivo local a vixiar os vertidos.

{ NO HAY DÍASIN RUMOR }

rexeitan peticións para contrastar.A preguiza de varios rexedores á hora de contestar os requerimentos da prensa son evidentes en comarcas como a de Santiago e Barcala, onde hai alcaldes que reciben por escrito as lóxicas críticas da oposición pola súa labor, e nin tan sequera replican co seu parecer (si é que o teñen). Noutros casos, néganse a facilitar os números de contacto coa persoa que deixan no seu lugar... cando toman vacacións ou deciden botarse a un lado por temas xudiciais. E claro, logo chegan as queixas, pero todos os veciños destas comarcas saben ben que o que non dubidan é en cobrar a nómina que lles pagamos todos.