El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

invitada especial

CIBRÁN CANEDO

Obradoiro de baile tradicional

14.03.2018 
A- A+

REFLEXIONAR SOBRE A TRANSMISIÓN DO BAILE. Ese é o obxectivo do obradoiro teórico-práctico sobre baile tradicional chamado Andar cos Tempos e que pon en marcha o Concello de Arzúa. O obradoiro, que será de balde, estará impartido por Chus Caramés e por Carme Campo, moi ligadas ao ámbito da educación, do baile e da música tradicional. A actividade terá lugar no local social de Santa María maña, de 19.00 a 21.00 horas, e o sábado, de 11.30 a 13.30 h. A actividade vai dirixida, a parte de ó persoal docente no ámbito da educación formal e non formal, a toda persoa interesada en ensinar e transmitir o baile tradicional e en mantelo vivo. Tanto as profesores do obra­doiro como dende o Concello animan a coñecer de cerca un dos nosos patrimonios culturais máis prezados.

ecg
Chus Caramés
FOTO: ecg

O GRUPO PARLAMENTARIO dos socialistas de galiciaasegura que nun futuro inmediato haberá necesidade de máis solo industrial en Melide. Polo momento, o polígono industrial da Madanela presta servizo a toda a comarca, pero conta só con tres parcelas dispoñibles para á venda. Por iso lle preguntan á mesa parlamentaria si é ampliable este polígono industrial ou se é preciso estudar outra área do concello para asegurar a oferta de solo. Cren que é urxente dotar a Melide de máis superficie industrial, e por iso, piden información acerca das accións que levarán a cabo, co Concello de Melide, para dar solución a esta demanda local.