El Correo Gallego

Noticia 1 de 42 noticia anterior de Federación Galega de Comercio Galicia » Federación Galega de Comercio

Sortearánse 80 tarxetas prepago de 300 e 150 euros

Volven os 'días azuis' do comercio galego

A Federación Galega de Comercio, a Xunta e Abanca impulsan a segunda edición desta campaña de dinamización do comercio de proximidade.

CORREO TV-SANTIAGO DE COMPOSTELA  | 02.05.2018 
A- A+

Este mércores presentouse a segunda edición da campaña Días azuis do comercio galego, organizada pola Federación Galega de Comercio, Abanca e a Xunta, e que se celebrará do 7 ao 21 de maio. Se fan unha compra nalgun dos establecementos adheridos, deberán rexistrar o seu tícket de compra na web www.diasazuis.com. Deste xeito, entrarán no sorteo de 80 tarxetas prepago de 300 ou 150 euros. Repartiránse un total de 16.200 euros en premios. O sorteo, ante notario, realizarase o vindeiro 25 de maio.

Xunta

FOTO: Xunta