El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

A USC resiste entre as 500 mellores no ranking Leiden

Ocupa o posto 427 entre as mellores universidades do mundo en investigación

XOANA CIBES. SANTIAGO   | 17.05.2018 
A- A+

Sempre hai distintas maneiras de mirar os rankings universitarios. Pasa tamén co último que se ten feito público, a clasificación Leiden, na que a USC pode presumir de que permanece entre as cincocentas mellores universidades do mundo en investigación, aínda que –esa é a outra cara da moeda– baixa dende o posto 396 ata o 427. A Universidade compostelá é a única das galegas que aparece neste ranking sobre producción investigadora entre as primeiras 500. A de Vigo ocupa nesta última actualización o posto 621, e perde posicións tamén respecto á anterior edición, a do 2012-2015, na que aparecía situada no 591. Outro tanto ocórrelle á Universidade da Coruña, que está agora no posto 883 logo de caer dende o 860.

O ranking de Leiden faise a partir da análise dos datos incluídos en Web of Science para o periodo 2013-2016 e inclúe 938 universidades de 55 países. Durante o periodo validado a institución compostelá rexistrou 5.831 publicacións, o que lle mereceu o posto 427 a nivel mundial, o 159 entre as europeas e o 12 entre as españolas, encabezadas éstas pola Universidade de Barcelona (que é a 140 a nivel mundial), a Complutense (posto 193) e a Autónoma de Barcelona (196).

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt