El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Un ciclista resulta ferido ao ser atropelado por un turismo en Cangas

SANTIAGO E.P.   | 19.05.2017 
A- A+

 Un ciclista resultou ferido ao ser atropelado por un turismo na Avenida da Coruña do municipio pontevedrés de Cangas do Morrazo. Segundo informou o CIAE 112, o suceso tivo lugar sobre as 14,40 horas, cando un particular avisou de que o ciclista estaba ferido e tirado no chan.

Tras recibir a alerta, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia avisou a Urxencias Sanitarias de Galicia, á Policía Local, aos Bombeiros do Morrazo e a Protección Civil da localidade.