El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Triste retrato da AP-9 e denuncia de "discriminación sangrante" nun vídeo do BNG

A través do audiovisual pide sancións para a concesionaria, protección para os usuarios e a recuperación do cen por cento do emprego perdido en mantemento e cabinas

Vídeo publicado polo BNG sobre os problemas da AP-9 - FOTO: Captura de imaxe
Vídeo publicado polo BNG sobre os problemas da AP-9 - FOTO: Captura de imaxe

SANTIAGO. REDACCIÓN WEB  | 21.04.2017 
A- A+

O BNG vén de publicar un vídeo sobre a autoestrada AP-9 no que denuncia "peaxes abusivas, pésimo servizo e retencións como as desta Semana Santa, con longas esperas e colas quilométricas. O Bloque afirma no vídeo que "a xestión da AP-9 é un exemplo sangrante da discriminación que padece a sociedade galega", e pon de manifesto como o Estado rescata con diñeiro público as autoestradas madrileñas pero veta a transferencia a Galicia da AP-9 e impide a supresión das peaxes.

"Soportamos una das autoestradas máis caras do Estado", afirma, e "a pesar diso, Audasa segue a recortar o seu cadro de persoal". Alude ao salario do seu director xeral, que "gañou 172.000 euros" o pasado ano "mentres substitúe o persoal das cabinas por máquinas".

O BNG fai catro propostas para a AP-9: sancións á concesionaria polo "pésimo servizo", que se levanten as barreiras das peaxes cando as colas superen un quilómetro, que baixe o prezo das peaxes nos tramos en obras, e que se recupere o 100% do emprego perdido nos últimos anos en mantemento e cabinas.

A mensaxe final do vídeo pide unha AP-9 galega, pública e libre da "estafa" das peaxes.