El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

A seguridade dos viaxeiros, un obxectivo para Monbus

A entidade conta coa certificación ISO 22320 de Xestión de Emerxencias // Os condutores, profesionais cualificados, reciben unha formación periódica

Como o ‘risco cero’ non é posible, a entidade presenta Plans de Emerxencia que tratan minimizar posibles problemas
Como o ‘risco cero’ non é posible, a entidade presenta Plans de Emerxencia que tratan minimizar posibles problemas

FRANCISCO CERNADAS. SANTIAGO  | 15.11.2017 
A- A+

Pensando sempre nos seus viaxeiros, Monbus ten sempre no seu punto de mira todo o relacionado coa seguridade. Con continuas revisións e melloras, a entidade conta con diversas certificacións que acreditan a preocupación mostrada en tales disciplinas.

Unha moderna frota, equipada cas medidas de seguridade máis avanzadas, unido a un exhaustivo mantemento e control dos vehículos que a conforman, dan como resultado unha total satisfacción nas inspeccións regulamentarias. Con todo, o ‘risco cero’ non é posible, polo que Monbus presenta Plans de Emerxencia que tratan de facer fronte e minimizar posibles situacións anómalas. Neste senso, a empresa obtivo a certificación ISO 22320 de Xestión de Emerxencias, que refire a capacidade de resposta ante tales circunstancias.

Ademais, os condutores, profesionais altamente cualificados, contan cunha preparación que lles capacita para responder ante calquera problema que puidese xurdir na estrada, xa que periodicamente reciben formación.

De forma complementaria, os usuarios dispoñen de información sobre o tema no interior do autobús, a maiores da señalética regulamentaria que indica a ubicación dos elementos.

No relativo aos diferentes compoñenentes, todos os vehículos da flota cumpren coa normativa en materia de seguridade no referente a cinturóns de seguridade. Tamén contan con botóns de apertura de seguridade, xanelas e martelos de emerxencia; extintores, que poden ser un ou dous segundo o número de prazas; e o botiquín de primeiros auxilios, que contén material necesario para primeiras curas e que se encontra na parte dianteira do autobús, xunto ao asento do condutor ou enriba dos primeiros asentos.

A maiores, os novos vehículos incorporados á frota están equipados con sistemas electrónicos de seguridade avanzados como o SPA (aviso de abandono do carril) e o BAS (frenado de emerxencia), cumprindo así a normativa establecida en novembro do 2015 (Segunda fase do Reglamento (CE) nº 661/2009 do Parlamento Europeo e do Consello). A todos estes elementos súmanse os sistemas de control de estabilidade (ESP), control de tracción (ASR) e reparto electrónico de frenada (EBD ou EBV).

O último dos puntos relativos á ámbito de seguridade, pero non menos importante, é a sinalización do número de teléfono de emerxencias 112.
Estas indicacións e elementos citados conforman a seguridade pasiva do vehículo, que se completa co equipamento técnico. Así, con todo este traballo, Monbus acada un dos seus obxectivos primordiais, a seguridade do viaxeiro.