El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

A refuxiada Mireille Twayigira narra este martes en Ciencias Políticas as súas vivencias en África

Esta muller é unha muller que tivo que fuxir coa súa familia do xenocidio ruandés // Tivo a fortuna de poder formarse e exercer como médico en Malawi

Mireille Twayigira vive na actualidade nun campo de refuxiados - FOTO: USC
Mireille Twayigira vive na actualidade nun campo de refuxiados - FOTO: USC

USC  | 19.06.2017 
A- A+

A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais organizará o martes 20 unha conferencia conmemorativa do Día Mundial das Persoas Refuxiadas e Desprazadas e na que Mireille Twayigira dará conta do seu relato persoal. A partir das 18.00 horas no Salón de Graos desta Facultade, Twayigira pronunciará a conferencia ‘De refuxiada ruandesa a doutora médica en Malawi’.

Mireille Twayigira vive no campo de refuxiados de Dzaleka en Malawi. Xunto coa súa familia, cando tiña dous anos fuxiu do xenocidio que se estaba producindo en Ruanda, iniciando así un periplo de fuxidas constantes que os levou por Burundi, República Democrática do Congo, Angola ou Zambia e durante o cal faleceron os seus pais. En Malawi iniciou estudos de primaria e posteriormente foi seleccionada para poder ir a unha escola fóra do campo de refuxiados no que vivía onde completou a súa educación secundaria, sendo das seis mellores estudantes de todo Malawi.

Posteriormente, Mireille Twayigira conseguiu ir a China, onde na Universidade de Jinan estudou Medicina, graduándose en xullo de 2016. Actualmente vive en Dzaleka onde vive coa súa familia e traballa como médica no Queen Elisabeth Central Hospital.