El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Os mariscadores da ría de Ferrol gañan menos de 700 euros brutos

Os mariscadores xuntáronse en Fene - FOTO: Kiko Delgado
Os mariscadores xuntáronse en Fene - FOTO: Kiko Delgado

PATRICIA HERMIDA. FENE   | 17.05.2018 
A- A+

No ano 2007, antes da chegada das bateas da Xunta, no banco marisqueiro de As Pías traballaban 360 familias. Agora a cifra reduciuse a 35, ás veces como moito 50. Durante estes 11 anos, iniciouse por fin a desexada depuración da ría de Ferrol. E mesmo o presidente Alberto Núñez Feijóo anunciou o cambio da zona C a B: coa comercialización libre do marisqueo, debido ao mellor estado das augas. Pero os propios mariscadores denuncian que as capturas son insuficientes, que os fondos da ría seguen perxudicados polo desastre do Discoverer Enterprise e que os cartos son escasísimos.

Os traballadores iniciaban onte en Barallobre (Fene) unha serie de asembleas, piden unha xuntanza coa conselleira de Mar, Rosa Quintana. E non descartan protestas contra a Xunta de Galicia. Como indica Jorge López, mariscador da ría, "non facemos un sueldo, gañamos 600 ou como moito 700 euros brutos ao mes... a ría de Ferrol está nunha situación límite, entre a vida e a morte". E lamenta que "non temos apoio das administracións que nos deixaron abandonados, e tampouco nos sentimos protexidos polos pósitos".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt