El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Máis de 800 hectáreas de monte ardidas en sete incendios nas últimas horas

Estabilizados os de Narón, o máis grande con 450 hectáreas queimadas, e o de Oza-Cesuras // Controlado o de Abegondo // Extinguidos os das Pontes e Negreira

Incendio forestal en los montes de la parroquia de Ponzos, en Ferrol, originado esta mañana en la parroquia de O Val, perteneciente al ayuntamiento de Narón, que ya ha quemado más de 200 hectáreas - FOTO: Kiko Delgado
Ver galería
Incendio forestal en los montes de la parroquia de Ponzos, en Ferrol, originado esta mañana en la parroquia de O Val, perteneciente al ayuntamiento de Narón, que ya ha quemado más de 200 hectáreas - FOTO: Kiko Delgado

SANTIAGO E.P.  | 21.04.2017 
A- A+

O incendio forestal de Narón, iniciado na parroquia de Val, foi estabilizado polos efectvos antilume. Ademais, xa fora desactivada a situación 2 por risco potencial en núcleos habitados. As últimas estimacións sobre o terreo indican que arderon aproximadamente 450 hectáreas. Tamén permanece estabilizado o lume declarado na madrugada deste venres na parroquia de Cis do municipio coruñés de Oza-Cesuras, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

Os sete incendios forestais rexistrados nas últimas horas en Galicia arrasaron máis de 800 hectáreas. Os máis importantes son os de Narón (máis de 450 hectáreas), e o de Negreira, xa extinguido (131 hectáreas). Ademáis hai que contabilizar os de Oza-Cesuras, Abegondo, Cures, Boiro e As Pontes.

En Oza-Cesuras declarouse un incendio ás 2,09 horas deste venres na parroquia de Cis, que afecta a unhas 30 hectáreas de superficie. No seu control traballan tres axentes, seis brigadas, catro motobombas e un helicóptero.

Mentres, foi desactivada a situación dúas activada pola proximidade do lume ao núcleo de Ou Picheiro, na parroquia de Covas, no municipio de Ferrol, polo incendio declarado ás 9,49 horas do xoves na parroquia de Val en Narón e que, segundo as estimacións provisionais, queimou unhas 450 hectáreas.

No control deste incendio levan traballado sete axentes, 15 brigadas, 14 motobombas, dúas pas e cinco helicópteros. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

O incendio iniciouse á primeira hora da mañá do xoves na parroquia naronesa de O Val e traspasou este municipio para chegar a Ferrol, á zona de Ponzos, en Covas, onde á primeira hora da noite do xoves, sobre as 22,30 horas, foron desaloxados por precaución os veciños de media ducia de vivendas unifamiliares do lugar de Covarradeiras, que xa puideron regresar ás súas casas. 

CONTROLADO

O incendio forestal declarado este xoves en Abegondo permanece controlado dende esta mañá. Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume declarado na parroquia de Vizoño de Abegondo está controlado tras queimar unha superficie estimada de 46 hectáreas

EXTINGUIDOS

Polo seu lado, ás 00,04 horas deste venres quedou extinguido o lume rexistrado na parroquia de Deveso do municipio coruñés das Pontes de García Rodríguez, que comezou ás 6,10 horas do xoves. As últimas estimacións sitúan a superficie afectada en 30 hectáreas, das cales 20 son de monte arborado e dez de raso. Así mesmo, desde as 21,07 horas do xoves está extinguido outro incendio declarado ás 22,36 horas do mércores no municipio de Negreira. As últimas estimacións sitúan a superficie afectada en 131 hectáreas, delas 101 de monte raso e o resto de arborado.