El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Feijóo no instituto da homenaxeada: "Vimos guapos e alegres a festexar as Letras Galegas"

A filla de María Victoria Moreno lembrou que a súa nai quería ante todo ser lembrada como mestra, e desde ese posto reclamaba "recursos para a educación" pública

PONTEVEDRA, 17/05/2018.- O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo (esq), preside no IES Torrente Ballester, os actos de homenaxe a María Vitoria Moreno, polo Dia das Letras Galega.  - FOTO: EFE / Salvador Sas
PONTEVEDRA, 17/05/2018.- O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo (esq), preside no IES Torrente Ballester, os actos de homenaxe a María Vitoria Moreno, polo Dia das Letras Galega. - FOTO: EFE / Salvador Sas

PONTEVEDRA. EP  | 17.05.2018 
A- A+

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que o acto polo Día das Letras Galegas organizado pola Administración autonómica no IES Gonzalo Torrente Ballester, o último destino como docente de María Vitoria Moreno, a homenaxeada deste ano, é "un acto sentido, fermoso e humilde, pero intenso", como a lingua galega.

"Hai que vir guapos alegres e vimos guapos e alegres para festexar o Día das Letras Galegas", remarcou na súa intervención, citando á propia homenaxeada, despois de que o presidente da Real Academia Galega, Victor Freixanes, lembrase que Moreno dicía que "a clase hai que ir guapa e alegre", pois, ou se transmite "alegría, paixón, beleza", ou non se poderá "construír un futuro".

Este acto institucional, na cidade de Pontevedra, estivo intercalado con diferentes actuacións, polas que varios intérpretes, entre eles a neta da homenaxeada, Vitoria Feijóo, leron ou cantaron algún dos escritos de María Vitoria Moreno.

Tamén interveu a filla de Moreno, Begoña, quen agradeceu o esforzo de organizar este acto en "un día tan importante" para a familia. Alí, lembrou que a súa nai "amaba o galego e quería ante todo ser lembrada como mestra", e desde ese posto reclamaba "recursos para a educación" pública, porque "todos os nenos teñen dereito á educación e a ser ensinados en galego".