El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

O día que Otto de Habsburgo lle agradeceu o seu traballo na Unión Panamericana

Xerardo Fernández Albor e Otto de Habsburgo
Xerardo Fernández Albor e Otto de Habsburgo

SANTIAGO. REDACCIÓN WEB  | 12.07.2018 
A- A+

Xerardo Fernández Albor, falecido este 12 de xullo ós 100 anos, sempre foi un europeísta convencido. Ademais de eurodeputado durante 10 anos da súa vida, tamén chegou a desempeñar o cargo de director da Unión Paneuropea en España. Estamos a falar do movemento de unificación europeo máis antigo, que tivo á súa fronte durante moitos anos a Otto de Habsburgo, fillo do derradeiro emperador de Austria.

Fernández Albor desempeñou con éxito o seu traballo na Unión Paneuropea, ata que decidiu deixalo polos seus compromisos con Galicia. O documento que se adxunta é a carta que lle dirixiu o propio Otto de  Habsburgo, agradecéndolle a súa labor e propoñendo a Abel Matutes como o seu sucesor no cargo.

ECG
Carta de Otto de Habsburgo a Fernández-Albor
FOTO: ECG