El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

A derradeira entrevista de Albor foi con Luis Rial para o espazo `Estamos contigo´

Publicada por El Correo Gallego o pasado 12 de novembro, nela o expresidente expresaba a súa tristura polo "quebranto progresivo do que un día foi unha democracia sólida e perfecta"

REDACCIÓN WEB  | 12.07.2018 
A- A+

A derradeira entrevista que concedeu Xerardo Fernández Albor foi en outubro pasado. O encargado de facerlla foi o radiofónico Luis Rial, para o programa Estamos Contigo que se pode escoitar en distintas emisoras galegas nas madrugadas de luns a venres. Naquel encontro, o expresidente da Xunta repasou algunhas das cuestións que máis lle preocupaban como a cuestión catalana.