El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Cincuenta anos das mobilizacións do 68 en Santiago

REDACCIÓN   | 14.03.2018 
A- A+

CONMEMORACIÓN A Universidade de Santiago e a Fundación 10 de marzo conmemorarán o venres 16 os 50 anos das mobilizacións estudantís do 68 en Compostela. Farano nunha mesa redonda ás 19.30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) na que intervirán testemuñas directas daquela época, que na USC mesmo se adiantaba á revolta de París. Así, xunto co reitor da Universidade composteá, Juan Viaño Rey, intervirán na mesa redonda o catedrático de Dereito Político da USC no 68, José A. González Casanova; a estudante de Historia da USC naquel 1968 Blanca Caamaño González; o estudante de Matemáticas da USC no 68 e ex presidente de Asturias, Vicente Álvarez Areces; o estudante de Económicas da facultade compostelá no 68 e ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño; e o historiador do 68 na USC, Ricardo Gurriarán Rodríguez.