El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

Aberto prazo de inscrición

Santiago Futsal presenta o seu campus de Nadal que celebrará entre os días 26 e 29 de Decembro

Campus dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre 4 e 14 anos

REDACCIÓN   | 14.11.2017 
A- A+

A falta de mes e medio para que teñan lugar as vacacións de Nadal; o Santiago Futsal adiántase e presenta o seu Campus de Nadal para nenos e nenas. Unha proposta de fútbol sala para que todos os nenos/as de Santiago de Compostela poidan gozar dunhas vacacións cargadas de deporte, diversión e compañeirismo. As datas escollidas son desde o martes 26 de Decembro ao venres 29 de Decembro, en horario único de mañá.

O club santiagués, recoñecido pola súa labor en formación de categorías base, organiza o Campus de Nadal para nenos e nenas de entre 4 e 14 anos. Durante catro días, os participantes poderán practicar técnicas e métodos de adestramento de fútbol sala e perfeccionar as súas habilidades motrices; todo iso baixo a dirección dos monitores do club branco.
O club confirmará o pavillón de celebración nos vindeiros días; en base ao que definirá prezos e horarios definitivos.
A inscrición pode realizarse nas oficinas do Santiago Futsal en horario de 10h-14h, no número de teléfono 981 11 50 38 ou o 699 62 55 48 ou enviando un correo electrónico á dirección administracion@santiagofutsal.com .