El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

A RFGF da 73.500 euros de televisión a clubs xuvenís

ECG   | 14.03.2018 
A- A+

Santiago. A Real Federación Galega de Fútbol entregou onte aos clubs galegos das categorías nacionais xuvenís (División de Honor e Liga Nacional) as subvencións por dereitos de televisión correspondentes á presente tempada 2017/2018. A contía total a repartir é de 73.500 euros. Cada un dos clubs de División de Honor recibirá 6.000, e os de Liga Nacional recibirán 2.500.

Os clubs beneficiarios de División de Honor son: Santiago de Compostela, Val Nigrán, Pontevedra, Areosa, Racing Villalbés e Alondras. No caso da Liga Nacional, Arosa, Boiro, Choco, Conxo, Rápido de Bouzas, Coruxo, Lérez, Ourense C.F., Pabellón Ourense, Porriño Industrial, Racing Ferrol, S.D. Compostela, Santa Marina, Ural e Victoria C.F.

Deportivo, Celta e Lugo, con equipos en ambas ligas, non reciben subvención por pertencer a clubs profesionais. A entrega tivo lugar na sede da RFGF en San Lázaro.