El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

SANTIAGO

Joselyn Brea e Brais Canosa se coroan reis do dúatlon autonómico en Narón

ECG   | 16.04.2018 
A- A+

Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) e Brais Canosa (Arcade Inforhouse) proclamáronse o sábado en Narón campións galegos de dúatlon 2018, nunha xornada completa de deporte, con probas para os máis pequenos e unha competición popular.

No Campionato Galego de Dúatlon Feminino o diminio de Joselyn Brea foi total chegando a meta cun tempo final de 1:00:55, mentres que segunda foi a súa irmá Edymar (1:01:11) e terceira, María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial) cun tempo de 1:01:28. Na clasificación por equipos proclamouse campión galego o Tri-Penta Terras de Lugo.

Posteriormente celebrouse unha emocionante proba masculina porque aínda que Brais Canosa logrou escaparse na carreira a pe, foi alcanzado mediada a bicicleta por un grupo de catro membros incluido Manuel Dosil (Olímpico de Vedra) polo que nos últimos 2.500 metros tería que decidirse o título galego. E foi emocionante ata o esprin final, con Canosa líder cun tempo de 53:23Alejandro Álvarez segundo (53:23) e terceiro, Martín Carrera (53:35).

Por equipos masculinos, acadou o título galego o Olímpico de Vedra.