El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

BALONMÁN

O Calvo Xiria lévase o derbi contra o Conservas Boya

ECG ECG   | 14.03.2018 
A- A+

O Calvo Xiria impúxose o pasado sábado no derbi da Primeira Estatal de balonmán contra o Conservas Boya (22-29). O pavillón camariñán, O Areal, acolleu un partido cun gran ambiente, cuns 400 afeccionados e que serviu para homenaxear e despedir a Borja Tajes, actual xogador do Camariñas e anteriormente do propio Calvo Xiria. Os carballeses, segundos, seguen na súa loita de intentar pór en perigo o liderado do Atlético Novás. Impuxéronse desde o inicio os visitantes, cun parcial de 1-4 que abriu o partido e unha diferenza que sempre conservaron: ao descanso, 11-15. Na segunda parte a distancia chegou a ser de nove goles, pero o Conservas Boya logrou reducila malia terminar co seu quinto partido sen gañar. Os camariñáns son decimoterceiros.

El CDN Ciudad de Santiago, quinto en la tercera ronda de la Liga Gallega

NATACIÓN El CDN Ciudad de Santiago quedó quinto en la tercera jornada de la Liga Gallega Absoluta de clubs, el pasado sábado en la piscina de Santa Isabel. No fue un buen resultado: su objetivo es mantenerse en Primera División, y en la Fase Final que se celebrará en abril necesita ganar al CN Arteixo y al CN Riveira para lograrlo.