El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

19 actividades no Día do Deporte de Ames que se celebra o sábado

ECG   | 14.09.2017 
A- A+

Ames. A Concellería de Deportes de Ames organizou unha amplia oferta de actividades para a celebración do Día do Deporte na área deportiva do Milladoiro. O sábado, de 11 a 14.00 horas e de 16 a a 19.00 horas, os veciños/as de todas as idades poderán gozar de 19 actividades deportivas diferentes axeitadas a todos os gustos. Todas as persoas que participen nas actividades recibirán un ticket para o sorteo de agasallos.

Pola mañá poderase practicar spinning, Step, zumba, Body combat e pilates no aparcadoiro da casa da Cultura. Na entrada do instituto do Milladoiro haberá ximcanas ciclistas e un inchable; na piscina haberá piragüismo; ao carón da piscina tiro con arco e chave; no interior do pavillón poderase xogar o baloncesto e practicar judo; nunha das pistas exteriores exhibición de tenis.

Pola tarde, no aparcadoiro da Casa da Cultura spinning, step, zumba, body combat e pilates; na entrada do instituto cross training, xadrez e inchables; piragüismo na piscina; atletismo na zona verde; patrinaxe no pavillón; voleibol e fútbol sala nas pistas exteriores. Desde xeito, haberá 6 horas cheas de deporte.