El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Vinte e oito locais da Estrada compiten pola mellor tapa de salmón

A ruta-degustación celébrase desde onte e ata o sábado // O prezo do pincho é de 1,8 euros

Tapa de ‘Salmón conftado estilo Bodegón’ que sirven no Bodegón - FOTO: Sangiao
Tapa de ‘Salmón conftado estilo Bodegón’ que sirven no Bodegón - FOTO: Sangiao

SOL ELVIRA. A ESTRADA   | 17.05.2018 
A- A+

A Estrada está a vivir estos días as actividades que sirven de antesala a XLV Festa do Salmón, que vive o día grande o domingo, 20 de maio. Desde onte, vintenove establecementos hostaleiros participan na Ruta-Degustación de Tapas que se celebra durante catro xornadas consecutivas.

Os locais de hostalaría ofrecen a súa tapa, só na xornada que teñen establecida, nas habituais quendas e horarios de mañá e tarde de tapas e viños. O prezo mantense, ao igual que o ano anterior, en 1,80 euros.

O día grande, o domingo 20, comezará tras a lectura do pregón e a entrega dos Salmóns de Ouro, programados para o mediodía no Teatro Principal. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt