El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Vinte amesáns poderán sumarse mañá ó paseo para coñecer o Tambre

AMES. MARCOS MANTEIGA  | 13.10.2017 
A- A+

A concellería amesá de Medio Ambiente, en colaboración coa de Deportes, organiza mañá un paseo interpretativo polo Tambre, aberto a vinte persoas, que poden reservar praza descargando o formulario na web municipal e presentándoo no rexistro ou remitíndoo por email (auladanatureza@concellodeames.gal). A actividade partirá da praia fluvial de Tapia ás 10.30 horas e prolongarase ata o mediodía.

Deste xeito, hai que lembrar que o club de piragüismo Ribeiras do Tambre tamén participará desta actividade, achegando dous monitores que axudarán a aquelas persoas menos expertas no uso do kayak. O paseo interpretativo correrá a cargo dun guía ambiental, que será quen guiará ás persoas participantes no recoñecemento das formacións do bosque de ribeira, dos xuncos e papiros, así como da fauna de invertebrados presentes nos regos e das especies indicadoras da calidade da auga.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt