El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A vila de Touro vibrou coa música tradicional do festival Folk in Río

A décima edición ofreceu máis de nove horas de xogos, obradoiros, un xantar, maxia e concertos

A actuación de maxia de Peter Punk no Folk in Río sorprendeu aos asistentes. - FOTO:  S.U.
A actuación de maxia de Peter Punk no Folk in Río sorprendeu aos asistentes. - FOTO: S.U.

MAR TOLEDO TOURO   | 19.06.2017 
A- A+

A vila de Touro viviu onte unha auténtica festa protagonizada pola música tradicional da man do festival Folk in Río, que cumpriu onte a súa décima edición organizada pola asociación cultural As Sobreiras do Ulla. O bo tempo animou a centos de veciños, familiares e demais visitantes a achegarse as beiras do río e desfrutar desta cita xa consolidada na comarca. Preto de dez horas de duración nas que non parou de soar a música, houbo variedade de actividades, xogos, obradoiros, maxia e concertos para os distintos públicos.

Os bombos do grupo Os Figueiras na Rúa deron o pistoletazo de saída a celebración sobre ás once da mañá. Media hora máis tarde arrincaron os Cantos de taberna, nos que participaron un total de once agrupacións. Os do Pilón de Arzúa, Sons da mina, A tropa do mata, a asociación Fiadeira, Reviravolta, O ghusto do boi, Son do souto, Vou vir vor ver, Arrincadeira, Sonche Lerias de Vedra e Fonte de Merlán foron os encargados de animar a vila pola mañá. Sobre as doce comezaron os xogos didácticos de Artludic na zona infantil, os nenos puideron desfrutar deste espazo durante toda a xornada. A continuación a sesión vermú correu a cargo do grupo Cantigas e Agarimos.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt