El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A Vía Mariana Braga-Muxía xa estará sinalizada no verán

Participantes no acto de presentación da Vía Mariana de Braga a Muxía, no santuario de A Franqueira - FOTO: C. Vimianzo
Participantes no acto de presentación da Vía Mariana de Braga a Muxía, no santuario de A Franqueira - FOTO: C. Vimianzo

JOSÉ M. RAMOS. MUXÍA   | 17.05.2018 
A- A+

A Vía Mariana que unirá a localidade de Braga (Portugal) con Muxía vai collendo forma e no verán estará xa sinalizada. Así o anunciaron os seus promotores no acto de presentación da nova ruta de peregrinación luso-galaica, que tivo lugar no santuario de A Franqueira (A Cañiza).

Alí estiveron os dous ideólogos da vía que enlazará os diferentes santuarios marianos, José Antonio de la Rieira y Luis Martínez Freixo, acompañados dos alcaldes dos concellos polos que discorre a ruta, entre eles os de Zas, Vimianzo e Muxía que, desde o primeiro momento, avalaron a nova vía de peregrinaxe.

De la Riera explicou as razóns que deron pé á creación da ruta e tamén subliñou as singularidades que a fan especial e diferente ao restos de camiños de peregrinaxe. Pola súa banda, Luis Martínez Freixo presentou o trazado deseñado e as diferentes etapas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt