El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Vedra tratou un total de 21 niños de vespa velutina só este ano

O obxectivo é inactivalos e frear o seu avance // Vedra colocou 40 trampas nas parroquias

Unha das actuacións de inactivación dun niño de vespa velutina en Vedra.  - FOTO: C.V.
Unha das actuacións de inactivación dun niño de vespa velutina en Vedra. - FOTO: C.V.

MAR TOLEDO VEDRA  | 20.03.2017 
A- A+

Os niños de Vespa Velutina multiplicáronse neste último ano e o seu tratamento e inactivación está sendo obxectivo prioritario de concellos como Vedra. No que levamos do ano 2017, dende a vila tratáronse 21 niños.
“Conscientes da problemática existente e debido as dificultades que supoñía ter que depender doutras administracións para o seu tratamento e retirada”, (neste senso, dependen da Xunta e do GES da Estrada), Vedra decidiu adherirse ao Convenio para a loita contra a vespa velutina, e deste xeito, tratar e retirar os niños con medios propios e persoal voluntario. Tanto de Protección Civil como Apicultores do Concello de Vedra.
Actualmente, o Concello conta con medios propios como traxes específicos para actuar, unha pértiga de trinta metros, e un camión con cesta para poder chegar aos niños que se atopan en árbores a máis de trinta metros de altura. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt