El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Varios actos celebran hoxe o Día das Letras Galegas

Os premios do Certame Francisco Añón de poesía danse a coñecer esta tarde na casa da cultura de Outes // Melide pechará as súas actividades o domingo coa obra ' Mar adiante' // Santa Comba entregou os galardóns de redacción

Algúns dos participantes nos premios de redacción As Nosas Letras en Santa Comba - FOTO: X. M. Lema
Algúns dos participantes nos premios de redacción As Nosas Letras en Santa Comba - FOTO: X. M. Lema

X.M. LEMA-REDACCIÓN  | 17.05.2018 
A- A+

Hoxe é o día das nosas letras e os concellos de Área organizan actividades para conmemoralo. En moitos casos, comezaban xa o luns e estenderanse ata o vindeiro domingo.

A casa da cultura de Outes acolle hoxe o fallo do XXII Certame Francisco Añón de poesía, o único en toda a Comunidade galega que dá opción a que participe rapazada dende os seis anos de idade ata maiores de dezaoito. Sobresae o primeiro premio da categoría de 15 a 17 anos de idade, con 450 euros e publicación do poemario, e tamén o da categoría de maiores de 18 anos, cun premio de 1.200 euros e publicación.

Grande parte da nómina de premiados de cada edición vai xa formando parte da historia da literatura galega máis actual. Esta tarde, amáis de ler a acta co fallo das persoas galardoadas nesta edición por parte de Lucía Novas -poetisa integrante do xurado desta edición-, tamén se fará a presentación dos traballos que recollen ás persoas gañadoras da edición de 2017. O acto será amenizado pola Escola de Música Tradicional de Outes, da man dos directores Suso Vahamonde e César Tarela. A alcaldesa de Outes, Beatriz Molinos Vidal, presidirá este acto. A persoa encargada de facer esta presentación é Ismael Ramos -poeta- e tamén acompañará á gañadora da anterior edición Ana Varela, cuxa presentación do seu poemario, Asombrario, se fará esta tarde tamén. Despois virán novas presentacións para este traballo de Ana Varela, en Narón -de onde é nativa- o vindeiro 26 de maio sobre as doce da mañá, e na cidade da Coruña no mes de setembro.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt