Noticia 1 de 1
Área de Compostela |
RSS
A USC organiza unhas xornadas en Carnota sobre o monte incendiado
M.G. CARNOTA | 15.11.2017
Os vindeiros venres 1 (en sesións de mañá e tarde) e sábado 2 de decembro (pola mañá) terán lugar no Concello de Carnota unhas xornadas organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela para xestores forestais, mancomunidades de montes, propietarios de terreos forestais e outras persoas relacionadas co monte.
Trátase de conferencias e traballo sobre o terreo “moi interesantes e gratuítas”, segundo recordan desde o Concello de Carnota. Para inscribirse, os interesados deben facelo por email (gefusc@gmail.com) ata completar aforo.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt
