El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Teo rexeita á reciclaxe de residuos dende Casalonga

O Concello informou da solicitude de licencia para tratar restos orgánicos na canteira // Ocuparía coma 17 campos de fútbol

M. OUTEIRO. TEO   | 17.05.2018 
A- A+

Case 200 veciños de Teo, a meirande parte do entorno de Calo, acudiron á reunión convocada polo Concello para informar da intención do Grupo Toysal de instalar unha pranta de reciclaxe de residuos orgánicos e produción de abono na vella canteira de Casalonga, ocupando uns 135.000 metros cadrados (o equivalente a 17 campos de fútbol). E o rexeitamente chegou a tal punto que, na mesma reunións, os afectados xa quedaron en pór en marcha unha plataforma, con mobilizacións e recollidas de firmas incluidas.

Deste xeito, dende o goberno bipartito deixaron claro que a licencia vaise pedir á Xunta, que é a Administración con competencias nesta cuestión, aínda que o Concello sí que pode actuar en canto a cuestións urbanísticas e de accesos. De feito, Teo só ten que expedir un informe de compatibilidade urbanística, e enterouse da intención da empresa despois de chegarlles dita solicitude.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt