El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Silleda investirá 1,2 millóns nas obras de A Gandareira

ARCA. SILLEDA  | 07.12.2017 
A- A+

As obras de remodelación integral do campo de fútbol da Gandareira, na Bandeira, continúan a bo ritmo. O alcalde silledense, Manuel Cuiña, visitou os traballos (que se executan en dúas fases e teñen un coste global de 1,2 millóns de euros) acompañado do concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey, e responsables da empresa adxudicataria.

Esta primeira fase da obra iniciouse a finais do verán co derrube dos muros e a antiga estrutura do campo. As obras, que contan cunha inversión de 400.000 euros, inclúen toda a rede de saneamento, iluminación, sistema de rego, o céspede artificial co correspondente sistema de drenaxe, o peche exterior do campo e a urbanización interior.