El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Silleda entrega unha nova axuda para crear emprego

Esta subvención é a primeira que se outorga no ano 2017 a través deste programa, que se iniciou no ano 2015 como unha das grandes apostas do goberno municipal de Silleda para fomentar a creación de emprego

ARCA  | 20.03.2017 
A- A+

SILLEDA A xunta de goberno local vén de aprobar unha nova subvención ao abeiro do Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego. A beneficiaria é Raquel Romero Dietistas, un novo establecemento que se ubicará na rúa Teiro de Silleda. A axuda neste caso é de 1.200 euros. Tal e como figura nas bases, a beneficiencia percibirá agora o 75% da subvención e o 25% restante aos seis meses da apertura do establecemento. Esta subvención é a primeira que se outorga no ano 2017 a través deste programa, que se iniciou no ano 2015 como unha das grandes apostas do goberno municipal de Silleda para fomentar a creación de emprego. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt