El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

BERGANTIÑOS

Redes de abastecemento e saneamento na Laracha

J. M.   | 14.03.2018 
A- A+

O Concello da Laracha segue extendendo as redes de abastecemento e saneamento aos núcleos rurais. O lugar de Cruceiro, na parroquia de Lendo, disporá en breve dos devanditos servizos grazas á ampliación das dúas redes nunha lonxitude lineal de máis de seiscentos metros. Os beneficiados serán medio cento de veciños, e a inversión anda preto de 50.000 euros, que serán financiados íntegramente con fondos municipais. O alcalde, José Manuel López, e o concelleiro de Obras, Jesús Soto, comprobaron o desenvolvemento dos traballos. O Concello da Laracha conta con máis de trescentos lugares poboados, "o cal require dun importante esforzo investidor na mellora e ampliación das infraestruturas necesarias", afirma o alcalde.