El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O PSOE ribeirense pide unha mellora integral na céntrica rúa da Habana

S. S.   | 14.03.2018 
A- A+

Ribeira. O PSOE de Ribeira presentou unha moción solicitando a mellora integral da rúa da Habana, que enlaza os barrios de A Barreira e Fondevila. O vial só ten beirrarrúa por unha marxe, mentres que pola outra ten o bordillo, con talude das fincas aledañas, sen posibilidade de tránsito.

Dita beirarrúa ten, á altura do inmoble número 15, un tramo sen baldosas nunha superficie de oito metros cadrados. Nese punto, ademais, falta por acondicionar a franxa de terreo de cesión para uso e dominio público, nunha superficie de 20 metros cadrados. Por outra banda, na transversal á rúa da Habana, en dirección ó río do Ameneiro, existe unha figueira no medio da vía. Por isto, o PSOE pide que se pavimente a totalidade da beirrarúa, contemplando a negociación co propietario do inmoble número 15 para facela tamén na outra marxe.

Os socialistas instan tamen ó Concello a dotar a ese espazo de ocio de dúas unidades de bancada, a desprazar a figueira da calzada e a realizar unha supervisión da liña de alumeado público do lugar.