El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

RIBEIRA

Portomeñe e Palmou irán á homenaxe a Carregal mañá

S. S.   | 17.05.2018 
A- A+

O empresario Ramiro Carregal Rey (presidente do grupo Frinsa de Ribeira) cumpriu o pasado sábado 91 anos. E, con ese motivo, mañá vaise instalar no Club Náutico de Ribeira (que no seu día financiou) unha escultura de catro metros de altura, en forma de veleiro (en alusión á súa implicación coas regatas e o mar) realizada en mármore e dedicada a el.

O acto terá lugar ás 14.00 horas e, entre as personalidades que xa confirmaron a súa asistencia, figuran o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; o senador e presidente do Club Náutico de Ribeira, José Luis Torres Colomer; o presidente da Academia Xacobea, Jesús Palmou; o exsenador e exconselleiro Víctor Manuel Vázquez Portomeñe; o presidente da SD Compostela, Antonio Quinteiro; o exárbitro internacional Raúl García de Loza; e o presidente da Fundación Amigos de Galicia, Miguel Villar.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt