El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A Pobra lembrará a Valle-Inclán con teatro, música e exposicións

Títeres Cachirulo presentará un espectáculo basado nun texto do autor// Sandra Domínguez afondará na figura da dona do escritor, Josefina Blanco, que foi actriz // O programa pecharase cunha obra dirixida por Quico Cadaval

Imaxe do Museo Valle-Inclán, que se ubica na Torre de Bermúdez de A Pobra do Caramiñal - FOTO: SUSO SOUTO
Imaxe do Museo Valle-Inclán, que se ubica na Torre de Bermúdez de A Pobra do Caramiñal - FOTO: SUSO SOUTO

A POBRA. SUSO SOUTO  | 12.10.2017 
A- A+

O Concello da Pobra vai rendir homenaxe ó seu escritor máis ilustre, Ramón María del Valle-Inclán, no mes no que se celebra o 151 aniversario do seu nacemento. E vaino facer cunha variada programación que conta ca colaboración da Consellería de Cultura e Educación e que combina actividades para todos os públicos e idades, como exposicións, presentacións de publicacións, teatro, recitais ou concertos.

Mañá venres terá lugar ás 11.00 horas no Teatro Elma o espectáculo Farsas xuvenís, escolma de Os cornos de don Friolera, Farsa e licencia da raíña castiza e Farsa italiana da namorada do rei, dirixida a escolares, a cargo da compañía Títeres Cachirulo.

O sábado 14, o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González Millán, e o neto do escritor, Xaquín del Valle-Inclán Alsina, impartirán a conferencia A Mercé: de priorado a casal de Valle-Inclán, ás 20.30 horas no museo.

O mércores día 18 voltará o tearo ca obra Cadros escénicos de ficción galega, a cargo da Escola de Teatro Valle Innova, ás 13.00 horas na alameda da vila.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt